Saturday 04 de May de 2024

Conclúen as obras para a instalación de beirarrúas no acceso á Praia de Coroso


A falta dos últimos detalles, o Concello de Riveira informa da conclusión dunha obra efectuada na parroquia de Palmeira en aras a incrementar a seguridade no acceso á praia de Coroso, así como para mellorar o aparcamento situado a carón do camping.

A empresa encargada de realizar esta actuación foi Vías y Servicios Generales, S.L., e o orzamento de 49.378 euros. A actuación estivo subvencionada por Turismo da Xunta a través de fondos Feader.

A obra tivo por obxecto ampliar o ancho da calzada para que os vehículos poidan circular en ambos sentidos con suficiente espazo (actualmente conta cun ancho de 3 metros), ademais de colocar novas beirarrúas que permitan aos peóns camiñar sen risco. Igualmente, se realizaron labores de desbroce dos sobreanchos.